Aprobado o proxecto de reurbanización da rúa Severo Ochoa na Coruña

Ademais, o Consistorio informou este mércores que o servizo de ORA restablecerase este luns, xunto coas cámaras de videovigilancia.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/05/2020 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, o proxecto de reurbanización da rúa Severo Ochoa, na Grela, segundo informa o Consistorio coruñés.

A súa licitación, que ascende a 951.356,27 euros, inclúe a reordenación e aumento de prazas de aparcadoiro, que pasarán a ser en batería, e do tráfico, así como a humanización da vía "coa plantación na medianeira de árbores que dotarán de verde á zona e reducirán a contaminación ambiental e sonora".

Por outra banda, o Consistorio informou este mércores que o servizo de ORA restablecerase este luns, xunto coas cámaras de videovigilancia.

A suspensión do cobro de estacionamento regulado foi unha das primeiras medidas tomadas polo goberno local cando se decretou o estado de alarma.

O Concello celebra Xunta de Goberno local. ANDY PEREZ
O Concello celebra Xunta de Goberno local. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta