A CIG acusa á Xunta de excluír "á primeira forza sindical" dos encontros de desescalada

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denuncia que "se aparte de maneira tan basta á CIG e se desprecen as propostas socioeconómicas e laborais que a central nacionalista elaborou para afrontar o retorno á actividade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A CIG considera "moi grave" que a Xunta "exclúa á primeira forza sindical" dos encontros de desescalada que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo con axentes sociais este mércores.

Nun comunicado, a CIG critica o "sectarismo" do Executivo autonómico que "vulnera o dereito á representación dos miles de traballadores" aos que representa este sindicato.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denuncia que "se  aparte de maneira tan basta á CIG e se desprecen as propostas socioeconómicas e laborais que a central nacionalista elaborou para afrontar o retorno á actividade".

Por iso, afea a "nula vontade" do presidente da Xunta de "afrontar esta grave situación tentando construír os entendementos e consensos posibles". "Non son tempos de que o Goberno galego aplique a política do apartheid á CIG, como a leva practicando estes anos, nos que a diario rexeitou as múltiples propostas e ILP que presentamos e que estiveron masivamente apoiadas".

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, nunha rolda de prensa por videoconferencia. CIG
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, nunha rolda de prensa por videoconferencia. CIG

DENUNCIA POR INCUMPRIMENTO DE SEGURIDADE LABORAL

A sección sindical da CIG no Concello da Coruña presentou este mércores unha denuncia na Inspección de Traballo contra o goberno local por "incumprimentos na lexislación laboral respecto da saúde laboral dos seus traballadores e traballadoras durante este proceso de pretendido retorno á normalidade".

Nun comunicado, asegura que o goberno municipal implantou un protocolo polo que se establece "a reincorporación do persoal público ao traballo presencial, así como as medidas de prevención fronte á COVID-19" no Concello da Coruña.

Do mesmo, sostén que foi "imposto sen negociación previa, xa que o borrador que levou ao comité de seguridade e saúde non era máis que un conxunto de ideas de carácter xeral, que non era negociable".

"Como exemplo, a reincorporación das/os conserxes de colexio foi unha auténtica chapuza na entrega do material de protección e este non se axustaba ao que determina o protocolo e resultou de dubidosa calidade". "Incluso algunha pantalla xa rompeu antes de pola", engade.

A isto suma que "naqueles lugares de traballo onde supostamente non accede a cidadanía a única protección que teñen os traballadores e traballadores é a hixiene e a separación, pero sen ter en conta que hai espazos de tránsito e lugares comúns nos que a separación mínima non se poderá manter".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta