Galicia pode estar un ou dous anos exposta a contaxios masivos pola falta de inmunidade

O estudo do Sergas, criticado por colexios médicos, ratifica que Galicia "contivo máis" o virus, "cun 1%" de poboación afectada" pero "está máis exposta a grandes rebrotes"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2020 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recoñeceu este mércores as dificultades que existen en Galicia ante a suposta falta de inmunidade da poboación galega. Así, dixo que que ata que se imunice ao 50 ou 60 por cento da poboación, sexa de forma natural ou por vacina, seguirá "a espada de damocles aí" e sinalou que mínimo serán "un ou dous anos" nesta situación, porque entre que se estuda e se pon a proba a vacina necesítanse eses prazos.

Un sanitario protexido con luvas sostén unha mostra para realizar unha Análise PCR
Un sanitario protexido con luvas sostén unha mostra para realizar unha Análise PCR | Fonte: Europa Press

Unha afirmación que fixo tras presentar os datos do estudo epidemiolóxico da Xunta que apunta a que só un 1% da poboación galega estivo contaxiada. Un estudo que foi duramente criticado por colexios médicos que apuntaron a súa escasa fiabilidade.

Tamén o presidente da Xunta tamén se referia a rebrotes. "Estamos máis expostos a un rebrote, sobre todo cando se permita a mobilidade entre españois, cando abramos as fronteiras e se despracen ao noroeste españois do sur, do centro e doutras zonas de España", aseverou o xefe do Executivo. Unhas afirmacións que fixo cando avanzou a súa intención de facer eleccións en xullo, precisamente, cando se esperan milleiros de turistas en Galicia.

Na súa intervención na Cámara, Almuiña recoñeceu que non se pode concretar se haberá pequenas "ondas" de rebrotes ou un gran contaxio masivo, posto que os propios investigadores falan das dúas opcións, pero dixo que si "posiblemente haberá unha onda enorme no inverno, coincidindo con outras infeccións por virus respiratorios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta