Temas: XABARIL ATROPELO

VÍDEO: O impactante momento no que un xabaril é atropelado por un Ford Mustang nunha estrada galega

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/05/2020 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

A aparición de xabarís en estradas galegas non é algo raro, menos aínda nestes tempos nos que a fauna recolinozou zonas abandonadas polo ser humano polo confinamento debido á pandemia da Covid-19.

Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.
Atropelo dun xabaril nunha estrada galega.

Este vídeo, gravado en Galicia, nun lugar non identificado, mostra o momento no que un xabaril é atropelado por un coche de gran cilindrada, identificado como un Ford Mustang.

O animal salta á estrada e comeza a correr na mesma dirección na que transita o vehículo, que golpea o xabaril a gran velocidade, arrastrándoo varios metros.

Sorprendentemente, o animal reincorpórase e sae da estrada, aínda que probablemente sofrese serios danos, polo seu movemento. Tamén sorprendentemente, o vehículo e o seu condutor parecen non sufrir ningún dano.

Temas: XABARIL ATROPELO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta