A creación de empresas cae un 22% en marzo en Galicia, o maior descenso en case tres anos

O retroceso é menor á media no Estado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a constitución de 296 empresas en marzo, o que supón un descenso do 22,3% en comparación co mesmo mes de 2019, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística.

Este retroceso é o maior que rexistra Galicia en case tres anos (en xullo de 2017 foi do -26%). Con todo, é menor que a diminución media do 28,3% do país. No caso de España é o maior esborralle en 11 anos. Así, o descenso de Galicia é o terceiro menor entre comunidades, só con Madrid (-17,6%) e Cantabria (-19%) cunha contracción menos acusada. No outro extremo está A Rioxa (-51%).

Entre as 296 sociedades constituídas en Galicia, 295 foron SL e só unha SA. O capital total desembolsado foi de 36 millóns de euros. No tocante a disolucións, houbo 89 en Galicia, un 12,7% menos. Tamén é menor á caída media (-21,1%). Aquí, 66 fixérono de forma voluntaria, catro por fusión e 19 por outra modalidade.

Ademais, 108 empresas ampliaron capital en marzo en Galicia por 74,6 millóns de euros, 103 son SL e cinco son SA. En cambio, 15 sociedades reduciron capital, mentres ningunha en marzo fixo desembolso de dividendos pasivos.

Creación de empresas en marzo en Galicia. EPDATA
Creación de empresas en marzo en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta