Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2020 | Actualizada ás 18:03
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha proposta para que comparezan ante a comisión de reconstrución creada na Cámara Baixa para afrontar as consecuencias da pandemia o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lórez, ou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.
Co obxectivo de que acheguen información sobre a situación socio económica de Galicia, na proposta do Bloque tamén figuran a profesora da USC e experta en desenvolvemento rural, María do Mar Pérez, a presidenta do coletivo ecoloxista Adega, Virginia Rodríguez; a economista e experta en políticas pesqueiras María do Carme García Negro e a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
En canto aos primeiros, a formación frontista destaca que o tamén nacionalista Fernández Lores é o "impulsor dun modelo de cidade habitable e sustentable reconcido internacionalmente", mentres que Paulo Carril encabeza a "primeira" central sindical de Galicia.
A proposición de comparecencias foi rexistrada na Cámara este xoves, xornada na que se ha debatiddo o plan de traballo da comisión para a reconstrución. Segundo informa o BNG, o seu deputado, Néstor Rego, pediu a creación dun grupo de traballo chamado 'Cambio político' centrado en "garantir a eficacia e as medidas de carácter social e económico".
Así, o Bloque expuxo que as nacionalidades históricas teñan "capacidade para decidir o desenvolvemento das súas políticas económicas", aínda que a iniciativa foi rexeitada cos votos en contra de PSOE, Unidas Podemos, Vox, Partido Popular e Cidadáns.
INVESTIGACIÓN JUAN CARLOS I
Por outra banda, o Bloque tamén informou de que a Mesa do Congreso rexeitou a admisión a trámite dunha iniciativa que solicitaba investigar as "prácticas corruptas" da Casa Real e, en concreto, as que poidan afectar o rei emérito Juan Carlos I.
"Non investigar este tipo de condutas que afectan directamente á Xefatura do Estado é equivalente a amparalas e mesmo a lexitimar socialmente a corrupción", ha remaracdo Rego, que censura a decisión da Mesa porque "segue sendo necesario investigar, tanto no ámbito político como xudicial para determinar as responsabilidades e consecuencias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.