O Concello da Coruña cancela a cerimonia tradicional da función do voto

A función do voto lembra a xesta acontecida o 14 de maio de 1589, dez días máis tarde da chegada de máis de cen navíos e de máis de 20.000 homes dispostos a invadir a cidade e o papel de María Pita no acoso da escuadra de Francis Drake.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/05/2020 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña anunciou que, ante a situación de estado de alarma provocado pola COVID-19, na que se restrinxe a celebración de actos públicos e cerimonias de carácter civil, se cancela a cerimonia tradicional da función do voto.

Segundo a alcaldesa, Inés Rey, "ante a imposibilidade de levar a cabo este acto, queren trasladar unha mensaxe a todos e todas os coruñeses e coruñesas que, de maneira simbólica, representa o espírito do acto que non se vai celebrar".

"Hoxe sufrimos un asedio máis temible, se cabe, que o de 1589. O inimigo de hoxe é tan perigoso como o daquela e está igual de presente, aínda que non o vexamos, polo que fai máis difícil defenderse", sinala nun comunicado.

Con todo, asegura que "a defensa virá da prudencia, da distancia social, da protección, da hixiene e do coidado, de seguir as normas que farán que todos xuntos, tamén gañaremos esta batalla e a vida volverá encher as nosas rúas, o espazo da cidadanía".

A función do voto lembra a xesta acontecida o 14 de maio de 1589, dez días máis tarde da chegada de máis de cen navíos e de máis de 20.000 homes dispostos a invadir a cidade e o papel de María Pita no acoso da escuadra de Francis Drake.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña / @fitoferreiro /mundiario
Inés Rey, alcaldesa da Coruña / @fitoferreiro /mundiario

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta