Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 10:00
A música e mais a lingua sempre foron da man, e como reivindicar a unha é tamén reivindicar a outra, aquí van dúas pezas que foron compostas neste camiño cara ao 17 de maio.
A FALA. UXÍA, AS TANXUGUEIRAS E FAIA
A cantante Uxía xúntase canda as Tanxugueiras e mais Faia Díaz, de De Vacas, para musicar 'A Fala', o poema que Manuel María publica en 'As rúas do vento ceibe' no 1979. "O idioma é a chave, coa que abrimos o mundo...".
BANDA XANGAI E A 'ANOMALÍA'
O comboi musical da Banda Xangai, que colle o nome do tren que durante décadas xuntou Galicia e mais Cataluña, arriba de novo á escena para nos presentar 'Anomalía', "un tema gravado, editado e montado neste tempo de quarentena", explican os músicos. Avisan que desta vez chegan "por fóra do Regho" e para reivindicar o dereito a saír da norma e da xeneralidade. "Em Galiza disso sabemos, pois assim, da anomalia, nasceu O BRAVÚ!".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.