Galicia segue por encima dos 2.000 casos activos por coronavirus

O número de ingresados en UCI é de 22, un máis que hai un día, segundo a Consellería de Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/05/2020 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia volveu a descender e sitúase en 2.008, o que supón unha redución do 3,18 % (66 casos menos que os notificados este xoves), mentres que aumentou en 126 o número de altas, e as persoas curadas son xa 8.283, segundo os datos trasladados este venres pola Consellería de Sanidade.

Así, fontes de Sanidade detallaron que os casos descenden en todas as áreas sanitarias, excepto na de Lugo: 494 casos activos correspóndense coa área sanitaria da Coruña (22 menos que hai un día), 478 son da área de Vigo (34 menos), 413 son da área sanitaria de Santiago (11 menos), 320 da área de Ourense (un menos), 122 da área de Lugo (5 máis), 107 da área de Pontevedra (un menos) e 74 da área de Ferrol (dúas menos).

Por outra banda, o número de pacientes en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) é de 22 (un máis que hai un día) e o de persoas ingresadas noutras unidades de hospitalización é de 111 (unha ducia menos que hai 24 horas).

Así mesmo, hai 1.875 casos en seguimento domiciliario, 55 menos; e Sanidade tamén informou do alta de 126 afectados, o que significa que o número de curados ascende a 8.283. Finalmente, con respecto ás PCR, nas últimas horas realizáronse 2.032 probas máis, co que o total de probas elévase a 122.456.

Teléfonos de atención do coronavirus en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Teléfonos de atención do coronavirus en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta