Residencias e centros de Ourense reciben teléfonos e táblets para facilitar a comunicación de usuarios e familiares

A entrega de todo este material é froito de doazóns solidarias de empresas galegas.

Por E.P. | Ourense | 15/05/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Un total de 14 residencias e de maiores e centros de atención á discapacidade e de menores da provincia de Ourense recibiron 75 teléfonos móbiles e tablets para facilitar a comunicación dos usuarios cos seus familiares durante o confinamento, así como 50 aparellos de radio.

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, na reunión por videoconferencia
A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, na reunión por videoconferencia | Fonte: Xunta.

Segundo explicou a Delegación Territorial da Xunta, a entrega de todo este material é froito de doazóns solidarias de empresas galegas. Deste xeito, os dispositivos móbiles, cedidos por Cenor electrodomésticos, a compañía telefónica Orange, a Fundación Profuturo e La Caixa, serven para manter o contacto entre os residentes e as súas familias xa que a situación derivada das pandemias impide as visitas nos centros.

Ademais, nas tres residencias de maiores de titularidade da propia Consellería de Política Social repartíronse 50 radio transistores doados por Electrodomésticos Domínguez S.L., a través dá Vicepresidencia.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Día Mouteira, xunto coa xefa territorial da Consellería de Política Social, María José Fernández Laso, reuníronse por videoconferencia coas direccións das residencias de maiores públicas da provincia para escoitar as súas necesidades e avaliar esta iniciativa da Administración para tentar mitigar as restricións de visitas.

Na súa intervención, Díaz Mouteira indicou que con estas achegas téntase dar solución a unha situación que preocupaba ás persoas que viven nos centros residenciais e ás súas familias.

Por outra banda, engadiu que coa entrega das radios aspírase a lograr que os maiores, ademais de informados, estean coa programación radiofónica que máis lles guste.

Os centros beneficiarios por esta iniciativa pertencen aos concellos de Bande, Baños de Molgas, Barbadás, O Carballiño, Castro Caldelas, Larouco, Taboadela, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Vilardevós.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta