A Xunta permitirá visitas a centros de maiores a partir do luns a pesar das reticencias do Goberno central

Feijóo di que serán pechadas novamente no caso de detectar positivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2020 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

Máis do 80 por cento das residencias de maiores e de discapacidade de Galicia --un total de 388 centros-- poderán permitir visitas de familiares a partir deste luns, aínda que unha vez por semana e sempre con cita previa.

En concreto, serán aquelas instalacións que leven 15 días sen contabilizar casos de COVID-19 entre usuarios e empregados, ademais de estar situados en concellos con baixa incidencia da pandemia.

Así o establece o protocolo de reapertura destes centros sociais elaborado polo comité clínico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que foi aprobado este venres polo Goberno galego e que detallou en rolda de prensa o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo. Unha medida que choca coas recomendacións do Ministerio de Sanidade que non é partidaria desta medida ata a entrada na segunda fase.

Este plan prevé tres etapas graduais que terán unha duración de 15 días, en caso de residencias de máis de 60 usuarios, ou de 10 días, para as de menor tamaño. "No caso de que se detecte un positivo, volveriamos pechar", advertiu Feijóo.

Ademais, estas 388 residencias de maiores e persoas con discapacidade que cumpran os requisitos da primeira etapa poderán realizar desde o luns paseos en grupos de ata cinco persoas nun radio que non sexa superior a un quilómetro do centro, así como polas zonas verdes do recinto con "as medidas de hixiene" oportunas, explicou o presidente da Xunta.

Profesionais da atención primaria visitan usuarios de residencias de Xirona. ICS
Profesionais da atención primaria visitan usuarios de residencias de Xirona. ICS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Non é que teñan visitas con cita previa, é que podan sair dar un paseo coma todo o mundo ! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

Según contan no muro de pago do FdV // A partir del lunes los 388 geriátricos que cumplen las condiciones permitirán una visita a la semana, paseos en grupos de un máximo de cinco personas en un radio de 1 kilómetro y se autorizarán las actividades en grupo dentro del centro con un máximo de 10 personas. // Aleluia logo de 65 días algún vai poder traspasar a porta da Residencia !!! Algúns seguro que aproveitan para escapar !!!