Comeza a mellora da área de Reanimación do Hospital Montecelo

Prevén que concluirá en dúas semanas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2020 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés inicia este fin de semana a execución dun proxecto arquitectónico de mellora da área de Reanimación do Hospital Montecelo, que prevé ter dispoñible en dúas semanas.

Segundo informou esta área sanitaria nun comunicado, este proxecto "dá resposta a unha solicitude realizada pola maioría de profesionais desta unidade, que aproveita así mesmo a ausencia de pacientes durante esta semana".

Esta "iniciativa de mellora asistencial", destacaron as mesmas fontes, "potenciará os niveis de confort e illamento daqueles pacientes que presenten necesidades de vixilancia continuada, optimizando a operatividade dos actuais espazos".

A planificación, detallaron por parte desta área sanitaria, para acometer esta iniciativa contempla que, durante o período de obras de mellora da área de Reanimación do Hospital Montecelo, aqueles pacientes que requiran tratamento destas características se emprazarán "de modo provisional con total garantía asistencial" nas unidades de espertar postquirúrxica e de Cirurxía Maior Ambulatoria, dependencias, destacou a área sanitaria, que xa "readaptou e reforzou especificamente para atender e tratar pacientes críticos durante a actual pandemia pola COVID-19".

Para "incidir na coordinación interna desta iniciativa a efectos organizativos", a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés destacou que tamén procedeu a informar o Comité de Seguridade e Saúde desta previsión, co horizonte de execución técnica de dúas semanas.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta