#VoudeSúperFeirón, a campaña para promocionar produtos do agro galego a través de receitas gastronómicas

A campaña está impulsada pola A Xunta e o sector da distribución alimentaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2020 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A Xunta e a distribución alimentaria reforzarán e implementarán a campaña de comunicación #VoudeSúperFeirón nas redes sociais para fomentar o consumo de produtos de agro galego no fogar a través de receitas gastronómicas. Diso informou a Consellería do Medio Rural, que deu conta da reunión mantida por videoconfernecia entre o conselleiro de Medio Rural, José González, e representantes do dez cadeas de distribución que colaboran en 'Mercaproximidade', a canle alternativa de venda creada pola Xunta para dar saída aos produtos agroalimentarios galegos que na emerxencia sanitaria ven pechados as súas canles habituais de comercialización.

O conselleiro de Medio Rural, José González, reúnese coas distribuidoras
O conselleiro de Medio Rural, José González, reúnese coas distribuidoras | Fonte: Xunta.

O conselleiro trasladou que con este novo impulso —que se porá en marcha nas próximas semanas— trátase de animar a que cada un, desde a súa casa, elabore receitas con produtos agroalimentarios galegos e que as presente a través das súas redes sociais co hashtag #FeirónNaCasa.

José González destacou que esta é unha forma lúdica de potenciar e pór en valor a despensa galega nos fogares, nun momento no que aínda existen dificultades para comercializar as producións do agro galego en canles como os da hostalaría e a restauración, a pesar de que se vai avanzado aos poucos.

ÉXITO DE MERCAPROXIMIDADE

Neste sentido, o titular de Medio Rural celebrou a boa marcha da canle Mercaproximidade e lembrou que, en total, máis de 450 gandeiros, agricultores e industria se sumaron a esta rede, así como a práctica totalidade das cadeas de distribución que operan en Galicia.

Por este motivo, agradeceu, unha vez máis, a súa colaboración a Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski, El Corte Inglés, Carrefour, Grupo Cuevas, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA.

O conselleiro lembrou que esta canle naceu co obxectivo de apoiar o "inxente labor que día a día, sen descanso, os produtores do rural levan a cabo para que na mesa non falte de nada".

Por iso, engadiu González, a Xunta quixo estar ao seu carón, "especialmente cando se suspenderon os mercados locais, unhas feiras das que moitos dependían para vender os seus produtos" e que, segundo indicou, aos poucos "van retomando a súa actividade por toda Galicia"; así como cando pechou a hostalaría e a restauración, e moitos outros quedaron sen a súa principal canle de comercialización".

Por último, o conselleiro destacou tamén a vertente solidaria de Mercaproximidade, xa que a partir desta canle a Xunta está a comprar numerosos produtos agroaliementarios para ceder a hospitais, comedores e outras entidades sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta