Unha muller de 86 anos falece tras caer co seu vehículo desde o primeiro piso dun garaxe en Celanova

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/05/2020 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

Unha muller de 86 anos, con identidade B.V.R., faleceu na tarde deste venres en Celanova despois de que a parede dun garaxe cedese e provocase que caese co seu vehículo desde unha altura dun primeiro piso.

Lugar onde se produciu o accidente.
Lugar onde se produciu o accidente.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 18,45 horas da tarde no aparcadoiro dun edifico, na rúa do Cercado.

Foron varios particulares os que contactaron co CIAE 112 Galicia para informar o suceso. Indicaban que o vehículo caera á rúa tras ceder a parede.

Ante iso, os xestores do 112 Galicia alertaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Ademais, segundo informaron fontes sanitarias, tamén acudiu ao momento unha ambulancia Asistencial e persoal da PAC de Celanova. Con todo, a muller faleceu no punto.

O CIAE 112 tamén informou os Bombeiros da Mancomunidade, á Garda Civil de Tráfico e Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta