Repunte de mortos pola COVID-19 este sábado que cuadriplican aos do venres

Hai catro mortos máis, dous deles tras unha revisión de datos da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

As mortes en Galicia con coronavirus eleváronse a 606 tras comunicar este sábado a Consellería de Sanidade dous falecementos en hospitais, ademais da revisión clínica doutros dous pacientes que morreran ingresados en Santiago de Compostela. Son catro os mortos, tres máis que onte.

En concreto, os falecidos rexistrados nas últimas horas son dous homes, un de 73 anos que permanecía ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e outro de 91 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Ambos contaban con patoloxías previas.

A maiores, Sanidade realizou unha revisión clínica doutros dous casos de COVID-19 no complexo da capital galega, polo que o número de mortes rexistradas en atención hospitalaria sobe a 474: 126 na área sanitaria da Coruña, 101 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 84 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

As mortes en Galicia con coronavirus eleváronse a 604 tras comunicar este sábado a Consellería de Sanidade a revisión clínica dos casos de dous homes que estiveran ingresados en Santiago de Compostela.

Segundo informou este sábado o departamento autonómico, trátase dun home de 70 anos e outro de 78 que recibiran atención sanitaria no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Coa inclusión destes dous casos no cómputo de falecidos con coronavirus en Galicia, o número de mortes rexistradas en atención hospitalaria sobe a 472: 126 na área sanitaria da Coruña, 100 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 83 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

A estas defuncións hai que sumar as 132 rexistradas ata agora dentro das residencias de maiores, aínda que este sábado e por noveno día consecutivo, non se comunicaron falecementos con COVID-19 nas residencias.

En todo caso, hai que ter en conta que, dos falecidos en atención hospitalaria, hai 137 persoas que estaban vinculadas con centros residenciais (e que morreron en hospitais ou en residencias integradas). A ese respecto, os falecidos relacionados con residencias son 269, o que supón case o 45 % do total de vítimas mortais do coronavirus en Galicia.

CASOS

Os casos activos de coronavirus en Galicia diminuíron ata os 1.510 afectados, 498 menos que o venres; á vez que se rexistraron 537 altas que elevan os recuperados ata os 8.820, segundo explicou este sábado a Consellería de Sanidade.

Séguense rexistrando contaxios e os casos activos permanecen distribuídos nas áreas sanitarias, aínda que a maior parte concéntranse en Vigo, con 401 pacientes con COVID-19 (77 menos que o venres). Por detrás, A Coruña mantén 331 casos de coronavirus (-163), 277 Ourense (-43), 244 Santiago (-169), 99 Lugo (-23), 93 en Pontevedra (-14) e 65 en Ferrol (-9).

Respecto da atención que están a recibir os enfermos de coronavirus, a UCI galegas atenden a 19 pacientes (tres menos que onte), mentres que 102 permanecen en unidades de hospitalización e 1.389 nos seus domicilios.

As altas, pola súa banda, chegan aos 8.820 pacientes e as PCR realizadas nas últimas horas ascenden a 1.652, o que suma un total de 124.108 probas desde o inicio da pandemia na Comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta