Os universitarios poderán moverse entre provincias para recoller apuntamentos na cidade na que estudan

Terán que entregar un certificado "persoal e intransferible".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

Os estudantes universitarios que estean matriculados en centros de educación superior de Galicia poderán moverse entre as catro provincias galegas para ir recoller apuntamentos á cidade na que estudan.

Así se acordou este sábado na novena reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) que mantivo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e representantes da Delegación do Goberno en Galicia.

Neste encontro decidiuse que os alumnos matriculados nalgunha das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia deben estar autorizados para desprazarse a recoller os seus apuntamentos e os efectos persoais que deixaron no lugar no que residían ata o momento da suspensión das clases, xa que o interpretaron como "unha situación de necesidade".

Desta maneira, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en atender esta demanda do colectivo de estudantes universitarios que ven afectados pola restrición de mobilidade entre provincias a poucas semanas das avaliacións finais do curso académico.

Para poder xustificar a mobilidade, cada universidade habilitará o proceso correspondente coa emisión dun certificado "persoal e intransferible" que facilitará a realización dunha soa viaxe á cidade universitaria galega na que o estudante estea matriculado.

Ademais, este permiso só autoriza á recollida dos efectos persoais e desaloxo da vivenda, no caso de que sexa oportuno debido ao fin do contrato, e tamén á recollida de material en residencias universitarias.

Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO
Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta