Os comercios poderán abrir todo o día así como mercados de gando e paques naturais

Só poderán abrir todo o día os locais de ata 300 metros cadrados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O Centro de Coordinación Operativa (Cecop) acordou deixar sen efecto a normativa que establecía a liberdade horaria para os establecementos de produtos de primeira necesidade, unha decisión adoptada o pasado 15 de marzo para garantir o abastecemento da poboación durante a emerxencia sanitaria. Tamén decidiu levantar a suspensión da celebración dos mercados de gando de Galicia, sempre que se respecten os protocolos de seguridade e prevención establecidos polas autoridades sanitarias. Ademais, tamén se abrirán centros de visitantes dos parques naturais.

Así, tal e como explica a Xunta tras a reunión do Cecop deste sábado, volverá estar en vigor a lei galega de horarios comerciais, que fixa que só dispoñen desta liberdade os establecementos de ata 300 metros cadrados --salvo aqueles que sexan propiedade de grupos de distribución e os que non sexan pemes, entre outras excepcións--.

Este novo acordo adoptado no seo do Cecop, no que tamén participan a Delegación do Goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tivo boa acollida por parte do sindicato CC.OO., un dos que desde o primeiro momento criticaran que se permitise a liberdade horaria.

"Nos últimos dous meses, a Federación de Servizos de CC.OO. pediu a derrogación desta liberdade horaria, decretada ao amparo da declaración do estado de alarma, por vela inapropiada e inadecuada. Na práctica, só estábase beneficiando desta prerrogativa unha única empresa, pois a maioría do sector non a aplicou", explica a organización, a través dun comunicado.

Fotos Xunta Vicepresidente Cecop. Xunta de Galicia
Fotos Xunta Vicepresidente Cecop. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta