Gonzalo Caballero di que o galego é "un sinal de identidade" que que hai que "impulsar e promover"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, avogou por "impulsar e promover" o galego para acabar coa "discriminación" que sofre e que poida ser usado "con normalidade no ámbito público e privado".

Así o manifestou este domingo, no marco da celebración do Día das Letras Galegas que nesta ocasión dedícase á figura do autor Ricardo Carvalho Calero. Co recordo de 'Don Ricardo' presente, Caballero quixo mostrar o "agarimo e apoio dos socialistas galegos" á lingua, nunha xornada na que se "celebra, promove e impulsa" o idioma "como unha forma de sentir o país", porque "o galego somos todos nós", recalcou.

Neste sentido, sinalou que a lingua "non é só unha riqueza cultural e lingüística" de Galicia, senón tamén "un sentimento e un sinal de identidade". Por iso, apostou por "promovelo" para que "non exista discriminación e se use con toda normalidade".

Por todo iso, non quixo esquecer o "compromiso galeguista" dos socialistas da Comunidade, que se centran "na defensa da lingua propia" como unha "forma de comunicarnos" e na "loita por construír a Galicia que queremos".

O secratario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do PSdeG. PSDEG
O secratario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do PSdeG. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

2 uu1

Bem faria o secretário geral do PSdeG de reclamar-lhe ao governo central, em mãos do PSoE que a oficialidade legal (que não real) do idioma galego se leve prática. Permitindo que todo galego falantes poda ser atendido e realizar as gestões na língua da Galiza, ou ter a possibilidade de escolher o idioma galego na tve.

1 nostrus

Para hacer ese tipo de comentario, probablemente lleves muchisimos años fuera de Galicia y desconozacas la realidad gallega. Tendras muchisimos años.

2 uu1

Está garantido o direito a usar o galego para, entre outras cousas, renovar o dni ou passaporte, declarar num juízo, ser atendido na sanidade, ver a tve, presenta uma denúncia ante polícia ou guarda cível e muitíssimas mais cousas. A resposta é não

3 nostrus

A tve ten unha desconexion en galego cando transmite só para a comunidade galega dende antes de que existira a tvg. A tvg non ten ningunha progamacion en castelan a pesar de que o castelan esta tan presente en Galicia como o galego. Eu non reclamaria para a tvg duas programacions, unha en galego e outra en castelan, sinon que esixiria unha programacion bilingüe, onde as duas linguas conviviran do mesmo xeito que o fan na sociedade facendo normal o que é normal na sociedade.

4 uu1

Queda confirmada a minha afirmação inicial, é preciso reclamar a oficialidade real (a legal está nas leis que não se cumprem) do idioma galego. Uma desconexão da tve, essa é a oficialidade real do galego e os galego falantes temo-nos que sentir satisfeitos! Ademais até podemos fazer o conjuro da queimada em galego, não é? Ontem vim um filme muito bom na tve, Inside Man (Plan Oculto em castelhano), e isso, disponível em castelhano e em versão original (ainda que alguns não o acreditem é em inglês), em galego (ou na versão brasileira, que existir, existe) não. Despois de mais de quarenta anos os galego falantes seguimos discriminados e a situação semelha que vai a pior

5 nostrus

uu1 Non digas que os galegofalantes somos discriminados, porque eu son galegofalante e non estou discriminado, inda que pode que ti o sexas por ser moi raro. A tvg é a television de todos os galegos e deberia ir dirixida a todos os galegos.

6 uu1

Os galego falantes que somos muitos raros (!?), os que queremos usar a nossa língua de acordo de maneira normal coma qualquer outra língua, conforme o estabelecido no estatuto (para algo mais que as festas do vinho) estamos discriminados. Os galegos falantes, como Nostrus, que não usam o galego, não estão discriminados (do qual alegro-me). Agora para que ninguém fique discriminado é necessário que os galego falantes raros (!?) podamos exercer o nosso direito de usar a nossa língua em todos os âmbitos na Galiza e todos contentos

7 nostrus

uu1 Noooo, los gallegohablantes no somos raros, eres tu el raro, pero no por ser gallegohablante, sino por ser raro. ¿Yo no uso el gallego?, casi apostaria que lo uso qntes de tu nacer y en cualquier caso usaria la lengua que me de la gana. Tu si que no usas el gallego y sin embargo a mi no me importa y tampoco me importa que reniegues de una de tus lenguas, porque si reniegas eres tu el renegado, no yo. Si nel castellano no es tu lengua no la utilices y si algun dia la utilizas deberias tener la decencia de pagar por usar algo que no es tuyo.

8 uu1

Claro, muito certo, o seu último comentário está escrito no galego perfeito para você (a mim, que não sou linguista parece-me castelhano). E sim, possivelmente os “gallegohablantes” esses que dim “Yo hablo el gallego” não estejam discriminados, os galego falantes, os que dim “eu falo galego” pois resulta que si estão discriminadas ao não poderem usar a língua de seu

1 galeguiña

Tamén o son as filloas ou a muiñeira, e na súa promoción non se contempla que as teñan que comer ou bailar a diario todos os galegos, sobre todo por que haberá moitos aos que non lles gusten tales sinais identitarios e prefiran pasteis de nata para comer ou o pasodoble para bailar.

1 nostrus

Totalmente certo galeguiña, pero o nacionalismo escolleu ao galego como o seu talisman para fanatizarse, do mesmo xeito que outros escollen o Corán ou o Barça. O maior problema é que os partidos que non son naciotas, para facerse co amor do seu electorado, póñense a máscara de galeguistas co risco de que a máscara se acabe convertindo en rostro tratando de gañarlle aos nacionalistas en nacionalismo. Galego SI, pero en liberdade. Si dicen que ti e masi eu somos o mesmo troll non lle fagas caso.