As residencias din non estar preparadas para abrir como pedía Feijóo que lle bota a culpa ao Goberno central

Tras este revés, a Xunta estudará pedirá que se abran para "mediados de semana", aínda que o decreto do Goberno central pide que sexa na segunda fase.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/05/2020 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

As residencias de maiores e de persoas con discapacidade de Galicia non permitirán visitas xa este luns, tal e como o autorizaba o protocolo do comité clínico do Servizo Galego de Saúde (Sergas), posto que o Boletín Oficial do Estado (BOE) recolle expresamente que isto é posible a partir da fase 2 da desescalada. Ademais, había queixas de varios centros que non recibiran as instruccións da Xunta.

Con todo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este domingo que exporá ao Ministerio de Sanidade que estes centros poidan abrir "a mediados desta semana". No caso de que o Goberno central non o permita, a apertura posporíase ata que a Comunidade entre en fase 2, o que non ocorrerá ata, como mínimo, o 25 de maio. Así o explicou o titular do Executivo galego na rolda de prensa posterior á décima videoconferencia de líderes autonómicos co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez.

A preguntas dos medios, Feijóo tachou de "improvisación" que este sábado o BOE recollese a reapertura das visitas en residencias "soamente" para a fase 2 da desescalada, na que entrarán este luns as illas da Gomera, El Hierro e La Graciosa, en Canarias; e Formentera, en Baleares.

"Antes non estaba regulado e agora, a partir da fase 2, si está regulado", criticou o presidente galego, despois de que o seu Goberno xa tivese previsto comezar o desconfinamiento este luns de máis do 80 por cento dos centros --aqueles que levan 15 días sen casos de COVID-19 e están en municipios con baixo índice de contagios--, con visitas de familiares unha vez por semana e con cita previa.

Agora, ao establecer expresamente a lexislación estatal que isto só é posible na seguinte fase, a Xunta dedicará esta semana a "notificar a todas as residencias os protocolos" para poder abrir o vindeiro luns "de acordo co BOE".

Profesionais da atención primaria visitan usuarios de residencias de Xirona. ICS
Profesionais da atención primaria visitan usuarios de residencias de Xirona. ICS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta