Piden tres anos e medio de prisión para un profesor que suplantou a identidade dunha compañeira para un traslado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide tres anos e medio de prisión, así como o pago dunha multa, para un profesor de Quiroga (Lugo) que suplantou a identidade dunha compañeira e pediu un traslado de centro sen que ela o soubera.

Segundo recolle o escrito de acusación do Ministerio Público, o acusado, que desempeñaba o seu traballo como docente no centro de educación infantil de Quiroga, suplantou a conta de correo electrónico dunha compañeira para, "no seu nome e sen o seu consentimento", presentar unha instancia de participación no concurso de traslados, solicitando praza no Centro de Xoán de Requeixa, en Chantada.

Os feitos ocorreron nunha data por determinar anterior ao 18 de novembro de 2016, cando a profesora se decatou do ocorrido e puido anular a instancia que pedía un cambio de praza.

Por iso, Fiscalía considera os feitos constitutivos dun delito de descubrimento e revelación de segredos, polo que pide para o home 3 anos e medio de prisión e o pago dunha multa de 6.000 euros á vítima. A Audiencia Provincial de Lugo xulgará os feitos a partir do próximo xoves, 21 de maio.

Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo
Xulgado de Instrución número 2 de Tui (Pontevedra). EUROPA PRESS-FÁTIMA SOUTO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta