Feijóo apura os prazos para unhas eleccións que pasaron de "non estar na axenda" a ser unha "prioridade"

O DOG debe recoller a convocatoria como moi tarde este martes se son o 12 de xullo, pero habería unha semana máis de marxe se opta polo 19

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aínda mantén a incógnita da nova data dunhas eleccións autonómicas que, tras fixarse para o 5 de abril, tiveron que ser suspendidas pola incidencia da pandemia do coronavirus.

Aínda que este domingo limitouse a dicir que as convocará "máis pronto que tarde", terá que apurar os prazos e facelo en breve se quere que os galegos vaian ás urnas o 12 de xullo. Este sería o primeiro domingo posible, posto que, coa lexislación electoral na man, deben transcorrer 54 días entre a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e o día da votación.

Así, se a data escollida é o 12 de xullo, o DOG debe recollelo como moi tarde este martes, 19 de maio, nese caso o probable é que anuncie a data entre o luns e o martes. En cambio, se opta polo 19 de xullo, tería unha semana máis de marxe.

Feijóo volveu a mostrar este domingo en rolda de prensa a súa intención de que os comicios se celebren "de forma inmediata". Como principal apoio desta postura está o informe emitido polo comité clínico da Xunta, posteriormente trasladado aos partidos galegos, que avala que a cita coas urnas debe ser "canto antes, a principios de verán", para evitar que no outono coincida cun repunte da COVID-19.

DE NON ESTAR NA SÚA AXENDA A BUSCAR "A QUINCENA MÁIS SEGURA"

Agora que se espera que as convoque en breves, cabe lembrar que o presidente da Xunta pasou en poucas semanas de asegurar que as eleccións non estaban na súa axenda a afirmar que era preciso buscar "a quincena máis segura" para chamar aos galegos ás urnas. Para iso, solicitou non só o informe dos expertos sanitarios que asesoran á Xunta desde que se iniciou a crise do coronavirus, senón tamén da Asesoría Xurídica.

O cambio no seu discurso produciuse despois de que o lehendakari vasco, Iñigo Urkullu, deixase entrever a súa intención de convocar en xullo, pero non foi inmediato --mantivo durante días que os comicios non estaban na súa axenda-- e non se concretou ata a pasada semana.

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na súa proclamación como candidato ás eleccións autonómicas do 5 de abril.. PP
O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na súa proclamación como candidato ás eleccións autonómicas do 5 de abril.. PP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Puritos Martínez

Feijoo non apura nada, convocará eleccións cando o faga Urkullu.