Feijóo di que os mil ERTEs pendentes da Xunta será “algo estemuñal”

O presidente galego asegura que resolve os expedientes nos dez días que establece o Goberno central.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/05/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este domingo a tramitación dos ERTEs que está facendo o seu executivo a pesar de que hai máis de 1.000 expedientes pendentes de aprobación. Un asunto que para Feijóo é “menor e testemuñal”.

Así, en resposta ao Galicia Confidencial, Feijóo suliñou que a Xunta está resolvendo todos os ERTEs nos prazos de dez días que establece o Goberno central. “Sempre que hai algún atraso será algunha cousa menor ou testemuñal”,  apuntou.

Así, insistiu en que o seu goberno traballa “sempre nos prazos” e ademais presumiu de que é unha das poucas autonomías que está adiantando os cartos aos traballadores.  “Estamos anticipando os 750 euros das nóminas que están en ERTE e que os traballadores non cobran desde hai un ou dous meses”, dixo.

Oficina de emprego
Oficina de emprego | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pero canta xente cobrou os ERTE ? A pregunta debera facerse ao pagador e contrastala coa xente que debera cobrar esta cantidades... https://twitter.com/00Gamela/status... O que estamos a ver son colas buscando comida en Madrid (?) e algúns desas colas falan de que están agardando cobrar o ERTE... será anécdotico ou será outro tema (?)