Ferido un operario tras caer por un desnivel duns 50 metros en Ferrol

O home foi trasladado a un centro hospitalario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido na mañá deste luns no concello de Ferrol despois de caer por unha pendente duns 50 metros dentro da empresa na que traballaba.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron na parroquia de San Martiño de Covas sobre as 10,45 horas. Foron os servizos sanitarios de urxencia os que comunicaron o sucedido ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE).

Tras o aviso, os xestores de emerxencias do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Ferrol para poder acceder o ferido. De igual maneira, alertaron aos axentes da Garda Civil e Policía Nacional.

Unha vez no punto, os bombeiros comunicaron que foi necesario rescatar o traballador do desnivel onde se atopaba, para poder ser trasladado posteriormente a un centro hospitalario.

En concreto, o 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico que levou o ferido ao Hospital Juan Cardona, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta