Temas: XUNTA ERTE EMPREGO

Os ERTE pendentes de tramitar pola Xunta baixan ao medio milleiro

Pontevedra segue á cabeza de afectados, con 83.460 en 12.730 ERTE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

A Xunta ten pendentes de tramitar máis de medio milleiro de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), unha cifra que baixa respecto dos máis de 1.000 aínda por xestionar cos que contaba a pasada semana.

De tal forma, a Consellería de Economía informa de que leva tramitados o 98,5% dos 36.301 ERTE presentados en Galicia, que afectan a 237.977 traballadores.

Por provincias, Pontevedra segue á cabeza de afectados, con 83.460 en 12.730 ERTE. Séguelle A Coruña, con 67.656 traballadores en 14.050 expedientes; Ourense, con 18.134 en 4.307; e Lugo, con 15.534 en 4.169.

A estes súmanse os 20.796 traballadores en 1.045 ERTE de servizos centrais autonómicos, así como os 32.397 empregados en expedientes estatais con incidencia en Galicia.

Nun comunicado, a Xunta destaca que segue dispoñible o teléfono gratuíto para atender consultas de empresas (900 815 600) e ten activa unha web (ceei.xunta.gal/coronavirus).

Teléfono para consultas por ERTE. XUNTA - Arquivo
Teléfono para consultas por ERTE. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: XUNTA ERTE EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta