Igualdade renova o convenio para sensibilizar sobre a violencia de xénero no medio rural

O obxectivo destas actividades é informar e formar sobre esta problemática social, tanto a mulleres vítimas como aos seus fillos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Igualdade renovará o convenio de colaboración para desenvolver accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás vítimas desta secuela no ámbito rural.

Trátase dun acordo subscrito a finais do pasado exercicio por un importe de 15.000 euros, co fin de emprender estas actividades para informar e formar sobre esta problemática social, tanto a mulleres vítimas como aos seus fillos.

Así llo trasladou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, á presidenta de Fademur, Rosa Arcos, e a Cristina Pedreira e Lara Fontes, que forman parte do persoal técnico da federación.

Abella asegura que a Xunta apostará por visibilizar e recoñecer o traballo das mulleres no medio rural e garantir a igualdade de oportunidades, mediante o apoio a esta federación.

O apoio da Xunta concretouse en acordos e axudas por un investimento de 153.588 euros entre 2009 e 2019. Doutra banda, a federación recibe apoio a través de iniciativas para consolidar o movemento asociativo e a promoción de accións de concienciación sobre a igualdade.

Fademur recibiu o pasado ano 40.000 euros para o seu servizo integral de mulleres no rural, e outros 16.579 euros para a realización de programas sociais de promoción de igualdade e prevención e loita contra a violencia, xunto a preto de 8.000 euros destinados a fomentar o asociacionismo.

Reunión de López Abella con Fademur. XUNTA
Reunión de López Abella con Fademur. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta