Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2020 | Actualizada ás 19:17
A sección sindical da CUT no Concello de Santiago e a Unión Comarcal da CUT en Ou Porrazo reclamaron a "inmediata retirada" das pistolas eléctricas incorporadas ao material da Policía Local de Compostela e Moaña, polo "risco" existente para a cidadanía co seu uso.
A CUT criticou que a alcaldía de Santiago anunciase a súa compra vinculándoa cunha medida relacionada coa COVID-19, para evitar contactos, cando "a súa adquisición xa estaba decidida con anterioridade".
A posta a disposición destes elementos para o seu uso por parte de funcionariado municipal "é inaceptable" para a central, que advirte de que "numerosas organizacións internacionais e galegas para a defensa dos dereitos civís e políticos xa se pronunciaron reiteredamente contra a súa incorporación como arma nos dispositivos policiais pola súa alta letalidade".
Así, sostén a CUT, o Comité contra a tortura da ONU "denunciou hai 10 anos que pola intensa dor que causan pode ser consideradas unha forma de tortura", e a organización Amnistía Internacional "cuantifica en 700 as mortes causadas de maneira directa ou ben indirecta en países que desde inicios de século normalizaron o seu uso, como EEUU, Canadá ou Francia.
No caso de Santiago, explica a central, a compra "contradí" o acordo plenario do que "criticou con contundencia o uso de armas de electrochoque, pelotas de gomas, gases tóxicos ou defensas extensibles por parte da Policía Nacional".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.