Casado, sobre Feijóo: "Conseguiu que a súa sanidade, educación e servizos sociais sexan dos mellores de Europa"

O líder do PP cre que Feijóo terá de novo a confianza dos galegos porque é "referente de xestión" e "eficacia".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 18/05/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O líder do PP, Pablo Casado, mostrouse convencido este luns de que Alberto Núñez Feijóo volverá ter a confianza "maioritaria dos galegos" nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo porque, segundo dixo, é "un referente de xestión, eficacia e defensa de Galicia".

O líder do PP, Pablo Casado, nun acto electoral co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O líder do PP, Pablo Casado, nun acto electoral co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

Da mesma maneira, e ante a cita coas urnas que ese mesmo día se celebrará en Euskadi, Casado presentou a Carlos Iturgaiz como un "referente moral" e recalcou que a coalición PP+Cs é "a única alternativa ao nacionalismo e a esquerda radical".

Así se pronunciou en senllas mensaxes na súa conta oficial de Twitter, despois de que Feijóo e o lehendakari, Iñigo Urkullu, anunciasen a convocatoria de eleccións para o domingo 12 de xullo.

En ambas as autonomías, a cita coas urnas celebrarase máis de catro meses despois do 5 de abril, datada fixada no seu día para estes comicios que se suspenderon pola pandemia do Covid-19.

FEIJÓO, "REFERENTE DE XESTIÓN" E "DEFENSA DE GALICIA"

No caso das galegas, o presidente do PP recalcou que Alberto Núñez Feijóo "é un referente de xestión, eficacia e defensa de Galicia". "Conseguiu que a súa sanidade, educación e servizos sociais sexan dos mellores de Europa nestes 11 anos", proclamou.

Por iso, dixo que está "seguro de que merecerá de novo a confianza maioritaria dos galegos". "Sentidiño", concluíu Casado a súa mensaxe na rede social, nun momento en que os 'populares' están optimistas sobre os resultados que pode cultivar o PP galego nas urnas.

Nunha rolda de prensa tras reunir ao seu goberno este luns para abordar a convocatoria electoral, Feijóo explicou que convoca eleccións o 12 de xullo porque é "máis seguro" sanitariamente a principios de verán e hai "menos incertezas" que a finais da época estival e outono.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miña nai querida...

diiioooósssss¡¡¡¡¡ qué clarividencia temos cos políticos hispanogalicos¡¡¡ si por cada idio-tez que din pagaran 100 euros tiñamos superávit na seguridad social para os vindeiros 50 anos.