Este verán queda tamén sen Festigal e sen Festival de Ortigueira

A Deputación de Pontevedra mantén as axudas ás 10 festas de interese turístico da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra manterá as achegas económicas ás 10 festas de interese turístico da provincia, coas que traballa o ente pontevedrés de cara á súa posible adaptación ás características da 'nova normalidade' naquelas que aínda resten por celebrarse este ano.

Este martes, a deputada de Turismo Ana Laura Iglesias mantivo un encontro telemático con representates das dez festas, coas que o goberno provincial se comprometeu a manter as subvencións económicas, ademais de ofrecer asesoramento para a reformulación de actos, cambios de datas e impulso de actividades de promoción de cara a 2021.

"Estamos nun ano complicado, pero temos o máximo interese en manter as axudas e contribuír no que faga falta para que as festas se adapten tamén á 'nova normalidade' e ás garantías sanitarias", sinalou a deputada, segundo recolle un comunicado da Deputación pontevedresa.

Pontevedra conta desde este ano con seis festas de Interese Turístico Internacional --A Arribada de Baiona, Festa do Cocido de Lalín, Rapa das Bestas de Sabucedo, Corpus Christi de Ponteareas, Romaría Viquinga de Catoira e a Festa do Albariño de Cambados--, ademais do catro que teñen categoría nacional -- Reconquista de Vigo, Festa da Lamprea de Arbo, Festa do Marisco do Grove e Festa da Auga de Vilagarcía--.

ANULADO FESTIGAL 2020

Por outra banda, o Festigal, que ten lugar en Santiago os días 24 e o 25 de xullo desde o ano 2002, non se celebrará este ano "por responsabilidade coa cultura e a saúde pública".

Así o anunciaron os organizadores do festival, Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, que emprazan ao verán de 2021 para a celebración dun evento centrado na cultura galega que ten lugar cada ano con motivo do Día da Patria.

Con todo, o Festigal avanza que haberá "unha sopresa nas redes sociais" con artistas e seguidores do festival en véspera do próximo 25 de xullo.

Así mesmo, o concurso de bandas 'Novos Valores', que chegaba en 2020 á súa sexta promoción, tamén queda aprazado ao próximo ano, cando os organizadores do festival confían en que se dean as condicións de saúde e seguridade para celebrar eventos deste tipo "con garantías".

FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

Outra das citas musicais e festivas do verán galego que tampouco terá lugar este ano pola crise da COVID-19 é o Festival do Mundo Celta de Ortigueira que, con todo, lanzou xa o concurso Runas para grupos noveis de cara á súa edición de 2021.

Este certame co que se pretende descubrir e promocionar novos valores da música celta e folk amplía nesta edición o número de finalistas ata seis bandas que protagonizarán un do cinco días de festival, que a partir do próximo ano contará cunha xornada, bautizada como 'Día Runas'.

As votacións comezarán en redes sociais a partir do 22 de xuño, sete días despois de que se peche o prazo para enviar os traballos para o concurso; e as bandas finalistas serán anunciadas na terceira semana de xullo, datas nas que estaba previsto quue celebrásese o festival.

XORNADAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Por último, este martes tivo lugar a última das sesións das xornadas organizadas pola Deputación da Coruña para definir as liñas de cara á reactivación turística nas que se destacou a artesanía e a gastronomía como dous elementos a potenciar para dinamizar o sector cun turismo orientado a ofrecer experiencias.

Na súa novena edición, que reuniron nas redes a máis de 50 especialistas e máis de mil oíntes, o Foro Turismo Covid-19 culmuninará cunha última xornada na que se abordarán as principais conclusións extraídas ao longo das sesións.

A profesionalización, o turismo de proximidade, a garantía de seguridade e a calidade forman parte das liñas sobre as que se asentará o turismo 'post-Covid', segundo os participantes, que cren que a provincia coruñesa pode ofrecer experiencias que a diferenza no mercado con base na artesanía e a gastronomía.

Presentación do concurso de bandas 'Novos Valores' do Festigal
Presentación do concurso de bandas 'Novos Valores' do Festigal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta