Critican ao BNG e PSdeG por comprar “perigosas pistolas eléctricas” para uso de policías locais

Critican ao BNG e PSdeG por comprar “perigosas pistolas eléctricas” para uso de policías locais Agora Galiza-Unidade Popular acusa a estas formacións de utilizalas para “exercer repressom sobre o povo trabalhador galego”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/05/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Agora Galiza-Unidade Popular criticou este martes ao BNG e PSdeG por comprar “perigosas pistolas eléctricas” que poden causar “severos danos” a saúde das persoas.

Este grupo lembra que son varios os concellos de Galicia que comezaron a utilizar este tipo de pistolas. Así, lembran que nos concellos de Moaña ou Carballo , a Policía Municipal xa as estaba utilizando, “no caso de Moaña desde febreiro e no de Carballo desde o ano pasado e xa foron utilizadas”, din.

“Ambos municípios están governados por Leticia Santos [Moanha] e Evencio Ferrero [Carvalho], ambos filiados do reformismo autonomista [BNG]”, critica esta formación independentista que tamén denuncia que este tipo de armas tamén foran adquiridas polo Concello de Santiago, gobernado polo PSdeG.

“Os própios fabricantes, como a companhia texana Taser, advertem sobre os severos danos que podem chegar a causar destas armas, alertando do grave perigo que implica a sua utilizaçom”, di ao tempo que cualifica de “intoléravel a cumplicidade por parte dos concelhos governados polo BNG” o uso destas pistolas.

Em realidade este tipo pistolas só serve para reprimir a populaçom. A esquerda revolucionária galega rejeita contundemente a sua adquisiçom e utilizaçom. Denunciamos a contribuiçom dos governos muncipais do PSOE e do BNG no reforçamento e militarizaçom das forças policiais visadas exclusivamente para exercer repressom sobre o povo trabalhador galego”, conclúe a formación nun comunicado.

Pistola Taser
Pistola Taser | Fonte: Junglecat en Wikimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 laranxa mecanica

eu utilizaría algo mais contundente con certas persoas aluadas... ian enterarse pero ben enterados... e o retraso mental non pode ser excusa... meus queridos voxtas! onde esta un-ha boa estaca de madeira que se quiten modernidades... a madeira de avellano non quenta as maos ... non sei si sabedes ...