Permiten as caravanas de Vox nas catro provincias galegas

A Delegación do Goberno informa que a convocatoria exposta polo partido liderado por Santiago Abascal se resolveu como "lícita".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2020 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Os representantes do Goberno central das catro provincias galegas autorizaron as 'Caravanas por España y su liberdade' que Vox convocou para este sábado en todo o territorio nacional, para protestar contra o Executivo de Pedro Sánchez e a súa "nefasta xestión da crise".

A pesar das restricións que supón a vixencia do estado de alarma e que Galicia, como a maioría da Península, aínda se atopa na fase 1 da desescalada; as subdelegacións do Goberno de cada provincia autorizaron esta protesta que o partido convocou para realizar desde vehículos particulares.

Desta maneira, Vox chama á cidadanía a manifestarse formando unha caravana de coches a partir das 12,00 horas deste sábado, 23 de maio, nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, así como no resto de capitais de provincia do Estado.

Fontes da Delegación do Goberno confirmaron a Europa Press que a convocatoria exposta polo partido liderado por Santiago Abascal se resolveu como "lícita". Pola súa banda, Vox asegurou que "existe o firme compromiso de respectar a normativa vixente en materia de medidas de distanciamento, hixiene e etiqueta respiratoria en todo momento".

Tamén precisou que os asistentes "unicamente poderán participar desde un coche; é dicir, non se lles permitirá formar parte da manifestación a persoas que vaian en bicicleta, moto ou a pé" e todos terán que "manterse dentro dos seus coches co fin de participar dunha forma segura e cumprindo cos protocolos sanitarios esixidos".

O partido informou de que na Coruña o percorrido comezará no parking do pavillón de deportes de Riazor; en Lugo na rotonda de Garabolos; en Ourense iniciarase na rúa Progreso; e en Pontevedra na rotonda da estación de tren.

Vox convoca unha mobilización o vindeiro 23 de maio.
Vox convoca unha mobilización o vindeiro 23 de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

¿Agora a liberdade defendese en coche e co bozal/mascarilla?. Por certo, ¿Qué opina ese partido sobre a vacunación obrigatoria?. A liberdade garantizase con separación de poderes, e podendo escoller nos aos nosos representantes (e non votando listas de partido). A liberdade consiste en poder participar mediante referéndum para decidir sobre decisions que nos afectan a todos. Que non me fale de liberdade ningún dos partidos que apoiaron un estado de alarma cando en Suecia estaban a facer vida normal sen arruinar a sua economía nin restrinxir liberdades.