Feijóo sae en defensa do BNG e critica que Sánchez os enganara para negociar con Bildu

"A inmensa maioría de galegos non asinariamos nada con Bildu, non lle debemos nada", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2020 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a cargar este venres contra o pacto do PSOE e Podemos con EH Bildu para a derrogación da reforma laboral subscrito a cambio das cinco abstencións da formación vasca para a prórroga do estado de alarma. "A inmensa maioría de galegos non asinariamos nada con Bildu, non lle debemos nada", esgrimiu, tras a reunión semanal do seu Goberno.

En rolda de prensa telemática, Feijóo saíu en defensa do BNG, que anunciara un pacto co PSOE sobre a mobilidade dos galegos entre provincias que quedou en nada. "España non se merece este tipo de tretas, frivolidades e contradicións",  apuntou entre as que engadiu o "engano" ao BNG.  "Enganou ao BNG cando lle prometeu que lle ía dar a mobilidade entre provincias en Galicia", dixo.

"E enganou ao PNV e a Cs...Alguén se pode tomar en serio a proposta de reeditar os Pactos da Moncloa cando o Goberno xa pacta con Bildu para dinamitar calquera acordo? Alguén se pode tomar en serio o diálogo social do Goberno cando unilateralmente, sen sindicatos nin patronal, toma decisións cun partido residual?", preguntouse.

Feijóo, tras o Consello da Xunta. Xunta de Galicia
Feijóo, tras o Consello da Xunta. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

MOBILIDADE

Por outra banda, o presidente galego recibiu con "lóxica alegría" o xa anunciado pase de Galicia á fase 2 da desescalada, pero volveu a dicir que "non entende" que o Ministerio non autorice a mobilidade dos cidadáns polas catro provincias galegas.

Por iso, asegurou que na videoconferencia que celebrará o domingo xunto ao resto de líderes autonómicos, volverá expor ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, a mobilidade por toda a Comunidade. Aínda que dixo que na Xunta "non son optimistas" con que isto se autorice, insistiu en que "non hai ningún criterio científico que impida a mobilidade entre as cidades" galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Bernal Calvo Delaciga

Bloque e PP, a mesma m€rda é.

1 Sentidiño

A inmensa maioría de galegos somos do PP e non asinariamos nada con Bildu, só a xente do Bng faría tal... pero o amado líder saiu en defensa do Bng! Viva a prensa obxectiva! Viva o Kim Jong-Un dos Peares!

3 v6my

O estado de alarma vai ser o único no que poderá sobrevivir o mugrento Sánchez. Cando se lle acabe, a ver quén vai a axudarlle a gobernar nas taifas ispailáns... Ispaniya é mugre latrocinio e mentira: e Sánchez é o fiel representante dese estado corrupto de obra e de sangue. Y lo sabes

2 Gamela

Os criterios cientificos nunca foron empregados ! Aquí estivemos a pór multas antes de facer PCRs e seguimos chorándolle a papá Sanchez para que nos deixe camiñar pola nosa terra ! Miseria e nada máis que miserias ! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Galiza un pobo un estado

nao se entende nada do que di... o de sacar a lei contrareforma laboral do Marijuano Rajoy xa foi anunciado polo acordó entre podremios e pe$oume (suprimila totalmente) o de bildiu e soamente unha constatación surpimindo 1 o despido por enfermidade, 2 rebaixar a duración do acordó mais ala da data 3 que os acordos de sector se impoña o acordó empresa- o pe$oume deu a pnv pero tamen a bildu... para negociar despois co pnv ... despois das eleccions non vaia ser que o pnv crezca demaiado e non os necesite... en canto A GALIZA O PE$OUME demostrou que os galegos importamoslle pouco o nada... e por iso non deron ningunha concesión o bloque... e todo claramente unha farsa política do gobernó!!!