Pontevedra pide ampliar o prazo de apertura dos 'furanchos'

Solicita á Xunta que habilite os concellos para alongar a tempada 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2020 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O Concello de Pontevedra solicitou á Xunta de Galicia que habilite expresamente os municipios para ampliar o prazo de apertura dos 'furanchos'. Esta singularidade propia das Rías Baixas son locais situados nunha pequena adega ou no baixo dunha casa particular, na que os seus propietarios venden ao público os excedentes da produción propia de viño acompañados dalgunhas tapas de comida caseira.

O concelleiro de Urbanismo de Pontevedra, Xaquín Moreda, mantivo este venres unha reunión cos representantes da Federación de Furancheiros, Loureiros e Viticultores de Pontevedra, Lucía Josefa Gómez e José María Fernández Cortizo, na que abordaron a ampliación do período de apertura destes locais.

Neste sentido, a ordenanza municipal de Pontevedra estipula que este período de apertura finaliza o 30 de xuño, o que restrinxe considerablemente a marxe nestes establecementos debido ao estado de alarma.

Moreda expúxolles que, a pesar de que non sería posible introducir e aprobar cambios na ordenanza municipal en prazo antes de 30 de xuño, remitíuselle á Xunta unha solicitude para que o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) reformule a "recomendación" aos concellos para estender o prazo para a actividade dos furanchos cara a unha "habilitación expresa".

O texto proposto pide, concretamente, "habilitar aos Concellos competentes, de maneira excepcional e extraordinaria e con independencia do que se determine nas Ordenanzas municipais vixentes, para que poidan, a través dos seus órganos de goberno, adoptar acordos que autoricen a ampliación da tempada 2020 dentro dos límites establecidos no Decreto 215/2012".

No documetno apélase a que o estado de alarma actual ten unhas consecuencias no sector "que poden minorarse ou paliarse cunha extensión no tempo da súa actividade máis aló dos períodos inicialmente autorizados, sendo prioritario limitar en todo o posible os efectos da crise provocada pola pandemia do coronavirus".

Doutra banda, Xaquín Moreda confirmoulle aos representantes dos furancheiros que desde o seu departamento se permitirá o cambio nas datas de apertura, xa que á maioría lle coincidiu en pleno confinamento domiliciario, e que de cara á próxima tempada se introducirá unha modificiación na ordenanza municipal para contemplar situacións de excepcionalidade como a actual.

Un furancho en Vigo
Un furancho en Vigo | Fonte: vigoturismo.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta