O Concello da Coruña ofertará case 7.500 prazas nos campamentos de verán

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, así como as familias monoparentais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/05/2020 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña ofertará case 7.500 prazas nos campamentos de verán, unha oferta "histórica", sinalou a alcaldesa, Inés Rey, nunha presentación xunto aos concelleiros das áreas implicadas nesta iniciativa (Educación, Deportes e Benestar Social).

Serán un total de 7.475 prazas en quendas de 15 días, na maioría delas, dirixidas para distintos tramos de idade que van desde os catro aos 17 anos e con propostas diversas no ámbito da música, a ciencia ou o deporte, entre outras.

O obxectivo con esta oferta é, segundo explicou a alcaldesa, que "as familias concilien nun verán atípico, en que as circunstancias nos obrigan a establecer este programa para darlles cobertura ás diferentes situacións".

As persoas interesadas poderán realizar a prescrición do 27 ao 29 de maio de maneira telemática e o día 30 anunciarase a listaxe de demandantes nas webs municipais e no 010. Habilitarase entón un período de reclamacións, os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño e o sorteo terá lugar o 3 de xuño. O 9 de xuño publicarase a listaxe coas persoas admitidas, máis as que permanezan en lista de espera.

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, así como as familias monoparentais. Os campamentos ofreceranse nos centros cívicos e nos museos coruñeses, entre outras instalacións.

A alcaldesa, Inés Rey, presenta a oferta de campamentos de verán. ANDY PEREZ
A alcaldesa, Inés Rey, presenta a oferta de campamentos de verán. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta