En Marea decide nun plenario telemático se concorre ás eleccións

De ser o caso, terán que elixir de que maneira, se en solitario ou en coalición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2020 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

En Marea celebrará este sábado un plenario telemático extraordinario no que decidirá se concorre ás eleccións autonómicas e, de ser o caso, de que maneira, se en solitario ou en coalición.

O deputado do Grupo Mixto e membro de En Marea Pancho Casal.
O deputado do Grupo Mixto e membro de En Marea Pancho Casal.

Tamén exploran a posibilidade de aliarse con outras plataformas municipais e partidos políticos, pondo como base que se defenda un programa electoral "baseado en combater as emerxencias climática, social e feminista" que vive Galicia e "sempre empuxando por unha nova normalidade xusta e sustentable".

En Marea xa celebrou "teleasambleas" hai unhas semanas, e nelas valorouse a posibilidade de presentarse ás eleccións, despois de que a formación que ata o pasado mes de febreiro lideraba o maxistrado en excedencia Luís Villares decidise non concorrer ás eleccións do 5 de abril.

Con todo, agora entende que cambiou o "panorama", non só político, senón tamén social e desde o punto de vista económico. Neste sentido, sostén que "non hai unha alternativa clara ao PP" e considera necesario "levar a transversalidade da sociedade e o debate de ideas ao debate electoral".

En Marea tamén considera que a proximidade, as formacións municipais, a sustentabilidade e o galeguismo son cuestións que poden achegar ao panorama político.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sábese algo de Villares ? A ver se vai resucitar...