Temas: DéBEDA

Galicia pechou o primeiro trimestre como a autonomía que paga antes a provedores

Son datos facilitados polo Ministerio de Facenda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano situándose como a comunidade autónoma que paga antes as súas facturas, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Facenda publicados este venres.

En concreto, a Xunta refírese ao 'Informe mensual sobre prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas', no que se constata un período medio de pago (PMP) de 14,51 dias no caso de Galicia, o tempo máis baixo do Estado.

A Xunta destacou ademais que este indicador supón que se pagou "en menos da metade do tempo" que o conxunto das comunidades, cuxa media se incrementou en 34,98 días.

Os datos de Facenda indican á súa vez que Galicia foi á comunidade con menor débeda comercial de España ao peche do primeiro trimestre. O radio de débeda/PIB situouse en marzo no 0,12%,a máis baixa do Estado e inferior á media autonómica (0,41).

Ao peche dese mes, a débeda comercial do conxunto de autonomías aumentou a 4.575,5 millóns de euros, dos que 70 millóns (O 1,5%) correspondían a Galicia.

Temas: DéBEDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta