Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/05/2020 | Actualizada ás 19:17
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que a Administración autonómica sentará coas direccións do tres residencias da terceira idade que interveu durante a xestión da pandemia da COVID-19 para "ver como se liquidan" e quen asume os gastos adicionais derivados desta intervención.
Feijóo descartou que a Xunta vaia pagar os custos das residencias privadas: "Porque non son nosas".
Iso si, sobre os tres centros intervidos durante a xestión da pandemia da COVID-19 —o Nosa Señora de Fátima (O Barco) e os de DomusVi en Cangas e en Barreiro (Vigo)—, dixo que a Administración sentará con eles.
"Entendemos que hai custos que non son responsabilidade da Xunta, senón que eran custos que eran obrigatorios por parte das residencias privadas", dixo, aínda que recoñeceu que descoñece "o detalle" de como se computarán eses gastos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.