Rescatados os catro tripulantes dun pesqueiro afundido en Porto do Son

Os feitos tiveron lugar na zona coñecida como as Basoñas. Dous dos mariñeiros foron trasladados ao hospital con hipotermia.

Por Galicia Confidencial | Porto do Son | 23/05/2020 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

Unha embarcación volveu naufragar fronte a Porto do Son. Segundo os datos facilitados a Galicia Confidencial polos equipos de rescate hai catro mariñeiros a salvo que foron recollidos por outra embarcación. Dous deles foron trasladados ao hospital con hipotermia.

O pesqueiro 'Divina do mar' embarrancado nas proximidades do Castro de Baroña.. SALVAMENTO MARÍTIMO
O pesqueiro 'Divina do mar' embarrancado nas proximidades do Castro de Baroña.. SALVAMENTO MARÍTIMO

Os feitos tiveron lugar na zona coñecida como as Basoñas onde o barco naufragou. Os propios mariñeiros estiveron tentando rescatar a nave xa na auga durante unha hora sen conseguilo, ata que foron rescatados por outro barco. 

Este é o segundo naufraxio en augas deste concello en menos dun ano. En novembro pasado o Divina Mar deixaba un falecido noutro naufraxio que tiña lugar preto do castro de Baroña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta