Fracaso da caravana ultradereitista en Galicia

Apenas un milleiro de persoas secundaron a chamada do partido de extrema dereita Vox contra o Goberno central. Varios grupos de contramanifestantes responderon as caravanas ao berro de "fascistas".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/05/2020 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra foron as cinco cidades galegas que percorreron os vehículos asistentes a 'Caravana por España e a súa liberdade', as protestas convocadas polo partidos ultradereitista Vox este sábado para esixir a "dimisión do Goberno" pola "nefasta xestión da crise sanitaria".

Manifestación de Vox na Coruña para pedir a dimisión do Goberno pola súa xestión durante a pandemia
Manifestación de Vox na Coruña para pedir a dimisión do Goberno pola súa xestión durante a pandemia | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

As fontes do partido en Galicia cifran en "centos" os vehículos que asistiron a esta protesta que saíu ás 12,00 horas de diferentes puntos das cidades galegas, así como do resto de capitais de provincia do Estado, e que percorreron o centro urbano enarborando a bandeira española e tamén franquistas. Con todo, as imaxes mostraban que non eran tantos.

Para os manifestantes, que desde os seus coches particulares apoiaron a convocatoria do partido liderado por Santiago Abascal, os "máis de 27.000 falecidos" son unha consecuencia das "neglixencias cometidas polo Goberno" de España, ao que chaman "social-comunista".

Fontes oficiais estimaron que na Coruña os protestantes fóronse sumando "de forma progresiva", en Lugo participaron uns "47 vehículos", uns 100 en Ourense, sobre 150 en Pontevedra e 114 en Vigo. En total, cifran en preto dun milleiro as persoas que se manifestaron en toda Galicia este sábado.

CONTRAMANIFESTANTES 

En marcha e ao son das bucinas, os vehículos foron percorrendo o centro urbano en cada cidade e ao seu paso atopáronse con contramanifestantes que responderon aos partidarios da caravana ao berro de "fascistas".

De feito, as mesmas fontes oficiais explicaron que se produciron algúns altercados menores. Un "reducido grupo" de persoas romperon a porta dun coche na Coruña, oito persoas foron identificadas en Lugo, levantáronse catro actas de sanción a grupos antifascistas por insultos á Policía e realizáronse 35 propostas de sanción en Pontevedra nunha contramanifestación na Praza Eugenio Fadrique.

As bandeiras republicanas e galegas confrontáronse á española nunha xornada na que os asistentes á protesta apoian a idea de que Vox "preséntase como a única alternativa posible fronte ao caos que significa este Goberno", comentou o cabeza de lista do partido pola Coruña, Ricardo Morado.

"INDIGNACIÓN FRONTE" AO GOBERNO

Por outra banda, Vox considera que a caravana contou co "apoio de españois de diferentes ideoloxías, procedentes de todos os recunchos da provincia, a quen lles une un sentimento de indignación fronte ás decisións tomadas por este Goberno".

Desta maneira, a caravana non só estaba organizada para pedir a dimisión do Goberno pola xestión da epidemia que afecta a todo o planeta, senón tamén por "pactar con Bildu a supresión íntegra dunha reforma laboral" e polo que consideran que é "a chantaxe permanente do Goberno" que "ameaza con retirar as axudas en caso de non continuar co actual estado de excepción encuberto", é dicir, o estado de alarma que se prorrogou ata o 7 xuño, grazas á maioría obtida no Congreso dos Deputados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 galeguiña

Home, vin moita menos xente nalgunhas manifestacións do bloque por causa de Cataluña ou da lingua, pero iso non ven agora a conto. Eu estou leda pola escasa participación. Isto demostra que Galicia nunca foi un bo lugar para os extremismos, e por iso os nacionalistas, comunistas e independentistas son tamén moi minoritarios na nosa terra

3 cachamuíña

Paréceme unha boa nova. Pero non debemos esquecer o que é o importante nesta cuestión: a ineptitude do goberno e a pouca disposición de Sánchez para recoñecer e, sobre todo, revertir os erros que un día sí e outro tamén cometen na súa xestión. Todo isto aderezado con prácticas moi pouco democráticas coma descalificar ao disidente e, nunha clara mostra de intolerancia e manipulación aos cidadáns, facer aos demais responsables das súas accións.

2 Toño

En lugo 47 polo carrallo arriba! Eu fun un dos que lles berrou fascistas, porque é o que son, e conteinos un a un, 27 coches e 4 motos. Fan un total de 31 fascistas, e chamoume a atención que abría paso un mercedes e un audi, de alta gama os dous, tamen algún BMW e algún mazda descapotable. Nunha cidade de 95mil 31 idiotas.

1 anonimo

: Son os parvos guiados polos tolos!!!! e o que son... tenta aprobeitarse dun gobernó desastroso o que eu xa califiquei un´ha e outra vez como antesa do facismo!!!! SON CORRUPPCION DO SENTIDO HUMANO!!!! EXPAÑA E O FACISMO!!!! E OS FACISTAS XA PERDERON A VERGONZA!!!! e con ista tropa pretende o Frikijoles gobernanr a Galiza medo me da... señores medo me da!!!