O presidente galego sobre como se votará o 12 de xullo: “iso depende da Xunta Electoral

Di que espera ter criterios similares aos vascos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/05/2020 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

A Xunta non ten competencias na organización nin no protocolo electoral”, dixo este domingo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado polas dificultades que existen para poder votar nas eleccións que el convocou para o vindeiro 12 de xullo pola crise do coronavirus.

Nós someteremos iso a consideración do comité clínico da Xunta, pero ese protocolo correspóndelle aprobalo á Xunta Electoral que terá que aprobar o que considere oportuno”, manifestou na rolda de prensa posterior á xuntanza de Pedro Sánchez cos presidentes autonómicos.

En todo caso, dixo que tanto a Xunta coma os distintos partidos políticos poden presentar propostas, pero será a Xunta Electoral a que aprobe o protocolo definitivo. “Os partidos poden presentar propostas e nós presentaremos unha que será a que valide o comité clínico e que será remitida á administración electoral”, dixo. “Espero ter criterios similares aos vascos”, engadiu.

Fotos Papeletas. EUROPA PRESS - Arquivo
Fotos Papeletas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta