Gonzalo Caballero sitúa o PSdeG como "o motor do cambio" en Galicia para "protexer as persoas"

Fai un chamamento aos 10.000 militantes socialistas galegos como o "exército disposto a traballar polo cambio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2020 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, situou ao seu partido como "o motor do cambio" para dar unha saída da crise en Galicia "que protexa ás persoas". Desta maneira encara Caballero as eleccións que se celebrarán o próximo 12 de xullo e para as que este domingo colocou "a primeira pedra" a través dun encontro virtual coa militancia socialista e a presidenta do PSOE, Cristina Narbona.

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, nun encontro virtual coa súa militancia e a presidenta do PSOE, Cristina Narbona. PSDEG
O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, nun encontro virtual coa súa militancia e a presidenta do PSOE, Cristina Narbona. PSDEG | Fonte: Europa Press

Nela, subliñou a importancia de "reforzar as políticas sociais e construír unha auténtica política económica" que permita "frear a curva da desigualdade" igual que España conseguiu "frear a curva de contaxios".

Para iso, fixo un chamamento aos 10.000 militantes socialistas galegos como o "exército disposto a traballar polo cambio en Galicia". E é que, "a saída desta crise hai que realizala pola esquerda".

Así, Caballero destacou o compromiso do seu partido co público, a protección cidadá e o apoio aos autónomos, asalariados e á poboación máis vulnerable; algo que "xa está a facer o Goberno liderado por Pedro Sánchez".

Tomando ao Executivo central de referencia, o líder socialista galego destacou as medidas propostas polo seu partido para Galicia, "encamiñadas a mellorar os persoais de sanidade e dos servizos sociais ou a dar apoio aos autónomos e ao sector cultural", unhas disposicións que "o Goberno de Feijóo non quixo asumir".

Por iso, fronte á "inacción da Xunta", o máximo dirixente do PSdeG chamou a "cargar as pilas" para conseguir un "Goberno ao servizo do país" o próximo 12 de xullo, xa que a opción que está en fronte representa "unha dereita que perdeu a responsabilidade e está aliñada coa ultradereita".

O PSdeG é, así, "a garantía do progreso e da tolerancia fronte ás caravanas da irresponsabilidade", subliñou Gonzalo Caballero no encontro coa súa militancia.

COORDINACIÓN CO GOBERNO DE ESPAÑA

Pola súa banda, Cristina Narbona quixo destacar a necesidade dun Goberno progresista en Galicia "para coordinarse co Goberno de España na posta en marcha dun escudo protector que non deixe a ninguén atrás".

Neste sentido, a presidenta apostou por "defender o público" en todos os sectores, "atender mellor as necesidades cidadás" e que "esta crise non acaben pagándoa os de sempre".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A campaña está vista, repetir ata a náusea "non deixar ninguén atrás" e "grazas ao Goberno fomos quen de frear a curva de contaxios" // Pero os que temos memoria a curto prazo dicimos xusto o contrario : atrás imos quedar todos porque esta festa non hai dios que a pague, e da prisión preventiva xa está demáis... https://twitter.com/00Gamela/status... Pero seica era Goebels o que dicía que unha mentira mil veces repetida...(?)