O presidente da Xunta cre un "gravísimo erro" que o Concello de Cedeira retire unha rúa a Manuel Fraga

O Consistorio faino para dar así "cumprimento coa Lei de Memoria Histórica e de respecto ás vítimas do Franquismo".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/05/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tachou de "gravísimo erro" a decisión do Concello de Cedeira de retirar o nome dunha rúa dedicada a Manuel Fraga para dar así "cumprimento coa Lei de Memoria Histórica e de respecto ás vítimas do Franquismo".

Manuel Fraga cando era ministro de Franco.
Manuel Fraga cando era ministro de Franco.

Nun pleno extraordinario do goberno local celebrado o pasado 9 de marzo, o concello aprobou tomar esta decisión argumentando o cumprimento coa lei, polo que retirou o nome 'Fraga Iribarne' a unha rúa que pasou a chamarse 'A Fraternidade'.

Feijóo apuntou que "nun momento de pandemia onde todos estamos chamados á unidade, con independencia das discrepancias", o feito de que un Concello faga iso "acredita que hai políticos determinados que non están á altura da situación política e sanitaria do momento".

"RESPECTO ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO"

Por outra banda, o presidente galego destacou que o nome da rúa estaba dedicado a un "presidente democrático en Galicia durante 16 anos continuados" que foi "un dos pais da Constitución española, que ten rúas en cidades que goberna o Partido Socialista e a ningún alcalde do PSOE se lle ocorreu" tomar unha decisión como esa.

Con todo, no seu día, o goberno local de Cedeira xustificou esta decisión argumentando que a rúa recibira este nome "na época na que" Fraga "desempeñaba un cargo no franquismo".

Neste sentido, o alcalde socialista da vila mariñeira insistiu na decisión e na importancia de cumprir coa Lei de Memoria Histórica, por respecto ás vítimas do franquismo. "Recibimos tres avisos desde o Senado de que tiñamos que cambiar o nome da rúa", reiterou.

En todo caso, a Núñez Feijóo parécelle unha "equivocación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 miñoca

Coñece o Presidente que Don Leopoldo Rubido o irmán de Bieito Rubido director de ABC foi un falanxista e franquista que fixo carreira no PP e puxo un busto de Franco en Cedeira? Sabe que no areal de Cedeira houbo un campo de concentración durante o golpe franquista? Adiviña que o dirixia ?? Todo está na Internet. Parabens ao Concello de Cedeira por lle retirar a rua ao falanxista Fraga Iribarne. Todo está na internet

1 Gamela

1 Gamela

Á rúa que lle chamen como queiran... pero eso de recibir 3 avisos do Senado case merece ser explicado de vagar... (?)