Feijóo ve moi ben as eleccións en xullo “porque haberá festas, comezará La Liga e virán turistas”

O presidente galego favorable a que veñan turistas a Galicia porque “Sánchez xa o permite a partir de xullo”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/05/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, está convencido de que xullo é unha moi boa data para facer as eleccións. E, de feito, puxo como argumento que o presidente español, Pedro Sánchez, decida xa permitir a entrada de turistas internacionais ou retomar La Liga.

“O presidente Pedro Sánchez dixo que vai abrir o turismo internacional en xullo, e se hai Liga, e festas, pois tamén se poden facer unhas eleccións democráticas”, dixo.

En todo caso, Feijóo dixo en que el prefire que veñan a Galicia turistas coa mesma situación epidemiolóxica de Galicia pero volveu insistir que iso non depende del, senón do Goberno central, que tamén é que ten a competencia de abrir ou pechar fronteiras. “Supoño que tamén se fixará na situación epidemiolóxica dos turistas de Asia ou de Europa que veñan a España”, apuntou en relación a que se permita a chegada de turistas internacionais tal e como tamén reclamou Pablo Casado.

Bar, bares, gente, personas, persona, turismo en Madrid, turistas, turista
Bar, bares, gente, personas, persona, turismo en Madrid, turistas, turista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 galeguiña

E ademáis vai conquerir a súa ¡¡¡4ª mayoría absoluta!!!

1 Sentidiño

Xa...e unha cousa... a Ayuso esa... non será dos Peares? 🤔