A crise da COVID-19 non afecta a Reganosa que anuncia que ampliará o seu persoal

Inicia as probas de selección para captar dez novos enxeñeiros.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 25/05/2020 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

Reganosa iniciou este luns un proceso de captación de persoal para incorporar ao seu persoal a dez novos enxeñeiros recentemente titulados, co que, cando a selección conclúa, nun par de semanas, o grupo pasará a contar con 150 traballadores, o número máis alto desde a fundación da compañía en 1999.

Nun comunicado, a empresa detalla que incrementará outro 7,1% o volume do seu persoal, dentro do plan para consolidar a súa expansión. Eses 150 traballadores suporán máis do dobre que ao peche de 2015 (70).

Así, a empresa busca nestes momentos a dez titulados superiores en enxeñaría industrial, química, naval ou equivalente, como se indica na oferta cuxos detalles os aspirantes poden consultar accedendo ao perfil corporativo en Linkedin e a través da web www.reganosa.com.

Os contratados seguirán un plan de formación integral que os levará a coñecer o proceso produtivo e as diferentes liñas de negocio do grupo. Segundo os datos da compañía, o seu persoal ten unha media de 38,8 anos e o 96,9% son titulados medios ou superiores.

Reganosa (durante un exercicio de seguridade). EUROPA PRESS/REGANOSA - Arquivo / Europa Press
Reganosa (durante un exercicio de seguridade). EUROPA PRESS/REGANOSA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta