GC Aberto

África e o coronavirus

Por admin | Santiago de Compostela | 26/05/2020

Comparte esta noticia

A pandemia de COVID-19 ameaza con reverter os logros obtidos con tanto esforzo polos africanos en todo o continente, dixo o Secretario Xeral da ONU, instando o mundo a solidarizarse coa súa xente agora para que se recupere mellor.

Jesús Antonio Fernández Olmedo xunto á rapazada
Jesús Antonio Fernández Olmedo xunto á rapazada | Fonte: remitida

No lanzamento virtual dun documento informativo centrado no impacto de COVID-19 en África, António Guterres sinalou que os cidadáns de todo o continente fixeron moito para promover o seu propio benestar, detallando un forte crecemento económico, unha revolución dixital que está en curso e un audaz acordo de área de libre comercio.

«Tamén será esencial para os países africanos manter os seus esforzos por silenciar as armas e abordar o extremismo violento», dixo, e sinalou que os distintos procesos políticos e as próximas eleccións «ofrecen a posibilidade de lograr fitos na estabilidade e a paz».

MULLERES E MOZAS

Guterres subliñou que, dado que as mulleres serán centrais en todos os aspectos da resposta, os paquetes de estímulo deben dar prioridade ao aumento da protección social e pór diñeiro en efectivo nas súas mans.

«Será necesario adoptar moitas decisións difíciles a medida que evolucione a pandemia, e será esencial manter a confianza e a participación dos cidadáns durante todo o proceso», dixo o titular da ONU. Ademais, pediu que a mocidade africana sexa empoderada e que se respecten os dereitos humanos de todos os migrantes.

Para concluír, afirmou que África aínda está nos primeiros días da infección por coronavirus, en comparación con outros continentes, advertindo que o contaxio podería aumentar rapidamente.

«Poñer fin á pandemia en África é esencial para acabar coa pandemia en todo o mundo», concluíu o Secretario Xeral.

RECOMENDACIÓNS CLAVE

O resumo de políticas do Secretario Xeral para África co fin de afrontar o coronavirus suxire accións específicas en cinco áreas:

- En saúde, debe continuar expandíndose e mellorando a capacidade de facer probas médicas e de acceder ás subministracións. Tamén deben despregarse máis traballadores de saúde comunitarios.

- En economía, débese poñer en marcha un enfoque que teña en conta primeiro ás persoas, cun maior apoio dos gobernos e a protección dos medios de vida.

- Na alimentación, sexa de dar prioridade á agricultura como un sector crítico que non debe ser interrompido polas medidas de contención da COVID-19, creando corredores alimentarios e proporcionando subministracións ininterrompidas para os agricultores.

- En materia de paz e seguridade, é necesario silenciar as armas, mediante o chamamento de cesamento do fogo do Secretario Xeral e do presidente da Comisión da Unión Africana, e manter os procesos de paz e as operacións críticas de paz.

- Na etapa de recuperación, débense deseñar estratexias para minimizar as desigualdades e reforzar os sistemas de saúde, a protección social, a cohesión e a inclusión.

Jesús Antonio Fernández Olmedo, escritor e activista malagueño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta