As autoridades educativas aceptan reunións telemáticas de claustros tras a presión dos docentes

Profesores de secundaria e FP denunciaran que foron reclamados a xuntanzas onde non se garantían a distancia mínima de seguridade nin a hixiene dos locais onde se reúnen.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/05/2020 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Beti, profesora de FP no CIPF Paseo das Pontes da Coruña, está convocada para este martes 26 de maio a un claustro en dito centro xunto co resto de profesores e profesoras. A presión dos docentes fixo que este luns a primeira hora da tarde, o centro lles enviase un correo electrónico para comunicarlles que poderían asistir ao claustro de maneira telemática.

Alumnos En Clase. EUROPA PRESS
Alumnos En Clase. EUROPA PRESS | Fonte: UPO - Arquivo

Esta reunión farase a través da plataforma webex. Durante este encontro informarán aos e ás profesoras das actividades para os segundos cursos e tamén de actividades presenciais, tando educativas como administrativas. Tamén lles permitirán acceder ao centro para recoller o material que estimen necesario.

De cara ao alumnado, o centro comunicouse cos estudantes a través de Facebook para avisalos que esperen as comunicacións de titores e profesores. Por outra banda, o profesorado recibiu instruccións para que os estudantes podan manifestar por escrito a súa intención de asistir ás aulas de maneira presencial.

CONVOCATORIA ANTERIOR

Con anterioridade, o claustro fora convocado para desenvolverse de maneira presencial no centro. No interior das instalacións estaban obrigados a manter as distancias de seguridade nun local onde “é imposible” facelo ademais de teren que levar eles a súa máscara.

O pasado día 13 de marzo foron convocados a un claustro para definir as accións de traballo en caso de decretarse o estado de alarma. “Estabamos asustados, xente nerviosa, ao final só quedamos a metade das persoas convocadas e ese mesmo día enviaron un email dicindo que non volveramos”.

A comunicación entre os docentes e a dirección do centro Paseo das Pontes foi irregular. “Só houbo correos electrónicos con indicacións e contraindicacións” di María. Mentres teletraballaba, esta profesora e os seus colegas de centro, “non recibiamos notificacións sobre cambios legais ou modificacións”. Entende que a irrupción imprevista do coronavirus colleu a todo o mundo por sorpresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta