O BNG pide no Congreso a rebaixa do IVE das máscaras de seguridade e a súa cobertura pola Seguridade Social

O grupo nacionalista galego non ve apropiado aplicar o tipo máis alto de IVE a un ben que consideran primeira necesidade.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 25/05/2020 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) pediu ao Goberno que reduza o IVE das máscaras e mesmo que este elemento obrigatorio de protección ante o coronavirus sexa cuberto pola Seguridade Social polo menos no caso das familias con menos ingresos, de maneira que se garanta así o acceso ao mesmo da maior parte da cidadanía, máxime agora que se uso é obrigatorio nos espazos públicos cando non se poidan cumprir os dous metros de distancia de seguridade.

Así o solicitou o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, quen lembrou que o Goberno xa acordou no seu día a redución do IVE nas entregas de bens, importacións e adquisicións intracomunitarias de material sanitario cuxos destinatarios fosen clínicas ou centros hospitalarios.

Ao seu xuízo, é "incomprensible" que esta medida non se aplique tamén á venda polo miúdo das máscaras, que son gravadas cun 21% de IVE. "Non nos parece adecuado aplicar o tipo máis alto a un ben de primeira necesidade e de uso obrigatorio", argumenta Rego.

Respecto da súa cobertura por parte da Seguridade Social reclama que así sexa para aqueles sectores da poboación con maiores dificultades económicas, xa que o custo destes produtos pode resultar "inasumible" para as familias que se viron especialmente afectada pola crise económica derivada da crise sanitaria.

O deputado de BNG, Néstor Rego, intervén no pleno do Congreso este mércores onde se autorizará outra prórroga do estado de alarma solicitada polo Goberno. En Madrid, (España), a 6 de maio de 2020.. Pool
O deputado de BNG, Néstor Rego, intervén no pleno do Congreso este mércores onde se autorizará outra prórroga do estado de alarma solicitada polo Goberno. En Madrid, (España), a 6 de maio de 2020.. Pool | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ana

Basta de bozal!. Quen queira levalo que o leve pero que non se obrigue ao resto cando e malo para a saude pq estas respirando dióxido de carbono. Menos imposicions e mais probas de que existe o virus. ¿Dónde están as autopsias?.

1 Serxio

Coas mascarillas respirase dioxido de carbono?, mais probas de que existe o virus?..., vostede te un problema de distanciamento da realidade