Temas: FERROL ESTAFA

O Supremo aumenta a condena a 4 anos e medio de cárcere a un falso médico ferrolán por estafar a pacientes

Tamén eleva a pena doutro falso doutor e a muller que realizaba labores de recepcionista no centro de Vinaròs (Castelló).

Por E.P. | Ferrol | 25/05/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A Sala II do Tribunal Supremo condenou a 4 anos e 6 meses de prisión por delitos de intrusismo e estafa a dous homes que, sen a titulación requirida para exercer como médicos, enganaron a unha vintena de pacientes nun centro en Vinaròs (Castelló), onde se presentaban como médicos, examinaban aos enfermos, diagnosticaban enfermidades de todo tipo e prescribían tratamentos diversos, incluído nalgún caso tratamentos con células nai, transplantes e cirurxías non menores.

Un dos condenados é José Manuel López Pérez, coñecido como Coté, que exerceu en Ferrol e logo trasladouse a Vinaròs. No seu caso, o alto tribunal aumenta a súa pena dos 2 anos e 9 meses aos 4 anos e medio "ao estimar a agravante no delito de estafa de recaer o engano nun ben de primeira necesidade como é a saúde".

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Tamén eleva a pena polo mesmo motivo de Frederic Gisbert, desde os 2 anos e 9 meses aos 4 anos e medio; así como da súa muller, María Josefa Álvarez Aragón, que realizaba funcións de recepcionista no centro, e que como cómplice de intrusismo e estafa é condenada a 2 anos e un mes de prisión.

Un deles contaba cun título privado de terapias naturais, e outro, títulos estranxeiros relacionados con ciencias da saúde, pero carecían de titulación expedida ou recoñecida en España para exercer a medicina, segundo informou o Tribunal Supremo nun comunicado.

Temas: FERROL ESTAFA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta