Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/05/2020 | Actualizada ás 21:35
Os hospitais galegos non comunicaron ningún falecido nesta xornada de luns por quinto día desde os inicios da crise sanitaria. Ata este luns, faleceron en Galicia 614 persoas con coronavirus.
Segundo os datos trasladados pola Consellería, aínda que non se rexistraron falecementos dentro das residencias de maiores desde hai máis de dúas semanas, a persoa falecida nas últimas horas --informouse o domingo-- no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, un home de 86 anos, estaba vinculado cunha residencia.
Os anteriores días sen mortes atribuídas á pandemia en hospitais foron os pasados 29 de abril, 14, 18 e 19 de maio, así como este luns.
A primeira vítima mortal deste virus rexistrouse o 14 de marzo, unha muller de 92 anos que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo. Nesa mesma xornada producíase tamén a morte dun home de 81 anos ingresado en Pontevedra e que deu positivo na proba de COVID-19.
Neses días, os primeiros da alerta sanitaria en Galicia, nos que Galicia contaba con menos de 300 casos activos, houbo dúas xornadas nas que non se rexistrou ningunha morte hospitalaria, o 15 de marzo e o 17 de marzo.
A partir do 18, cando as vítimas mortais en Galicia ascendían xa a catro persoas, os hospitais da comunidade comunicaron falecementos todos os días, excepto en cinco ocasiones.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.