O prazo de inscrición en escolas infantís para o curso 2020-21 acaba este venres

A lista definitiva darase a coñecer o 20 de xullo e abrirase o prazo de matriculación, que se estenderá entre o 21 e o 30 dese mesmo mes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O prazo de inscrición termina este venres para as escolas infantís públicas autonómicas e as prazas públicas concertadas de iniciativa privada para o curso 2020-2021.

A presentación de solicitudes para estas prazas de 0 a 3 anos deben realizarse preferentemente de maneira telemática a través da sede electrónica da Xunta.

A lista definitiva darase a coñecer o 20 de xullo e abrirase o prazo de matriculación, que se estenderá entre o 21 e o 30 dese mesmo mes.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos. Ademais, en cada unha do sete cidades polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as 20,00 horas.

Escola infantil de Conxo. EUROPA PRESS - Arquivo
Escola infantil de Conxo. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta