Temas: ACCIDENTE 112

Ferido un operario tras caer dun poste de telefonía en San Cristovo de Cea

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente ocorreu no lugar de Facundo sobre as 11,45 horas. Após recibir a alerta a través dos efectivos sanitarios, o CIAE puxo a situación en coñecemento da Garda Civil e de Protección Civil, para prestar apoio.

Por E.P. | Ourense | 26/05/2020 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

Un operario que realizaba traballos nun poste de telefonía na localidade de San Cristovo de Cea (Ourense) resultou ferido ao caer dunha altura dun cinco metros.

Páxina web 112 Galicia
Páxina web 112 Galicia

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente ocorreu no lugar de Facundo sobre as 11,45 horas. Após recibir a alerta a través dos efectivos sanitarios, o CIAE puxo a situación en coñecemento da Garda Civil e de Protección Civil, para prestar apoio.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender ao traballador ferido, así como unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria.

Finalmente o ferido, P.G.G., de 54 anos de idade, foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario e Ourense, confirmaron fontes sanitarias a Europa Press.

Temas: ACCIDENTE 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta